xoves, 8 mai 2014
O goberno local dará luz verde esta mesma semana aos proxectos que se van sufragar con cargo aos 5,9 millóns do superávit 2012. A reforma da grada de Río de Balaídos, humanizacións, creación e mellora de zonas verdes, deportivas e colexios públicos concentran a grande parte deste investimento.
xoves, 3 abr 2014
O alcalde deu conta do inicio do periodo de 30 días de exposición pública dos pregos de concesión da Cafetería Mirador de O Castro. Tal e como explicou, a concesión será por un máximo de 30 anos e terá un investimento mínimo de 254.000 euros.
venres, 28 feb 2014
A Xunta Local de Goberno aprobou hoxe venres o plan de ocupación, instalación e explotación de servizos nas prais. Como o ano pasado, serán 11 os quioscos de tempada que se instalen este verán nos arenais de Vigo.