Escoitar

O goberno local adxudicou proxectos de humanización por máis de 800.000 euros

Abel Cabalero deu conta esta mañá da adxudicación de obras de humanización por valor de máis de 800.000 euros, entre as que destaca a de Coutadas, Toledo ou Doutor Canoa. Tamén se adxudicaron os traballos de arranxo dos campos de fútbol de Samil, As Travesas e a ETEA.

luns, 10 nov 2014
1415624763Imagen010.jpg
O goberno local, nunha Xunta de Goberno extraordinaria, adxudicou obras por importe superior aos 800.000 euros e un prazo de execución de 4 meses. Concretemante, aprobouse a contratación da humanización da rúa Coutadas, por importe de 251.652 euros, cando o prezo de licitación era de 335.000 euros; rúa Doutor Canoa, adxudicada por 169.050 euros (a licitación era de 230.000 euros) e rúa Toledo e o seu contorno, cun importe de 148.580 euros, cun prezo de licitación de 190.000 euros). Todas estas contratacións supoñen un importante aforro para as arcas municipais pola rebaixa das adxudicacións.

Tamén se contratou a mellora da rede separativa de pluviais e renovación dos pavimentos peonís e de rodadura para as seguintes zonas: accesos ao Pavillón de Coruxo, Camiño Gándara, San Cosme, rúa Atlántida, estrada A Balsa, rúa Bravo, Camiño Oia e Camiño Pinguela. O importe é de 342.272 euros (a licitación ascendía a 449.000 euros) e o prazo de execución é de tres meses.

O alcalde tamén deu conta da contratación do servizo de acondicionamento, mantemento e arranxo das infraestruturas viarias do Concello. O importe é de 6,4 millóns, por un periodo de dous anos, prorrogables outros 2.

Na mesma Xunta de Goberno deuse luz verde á adxudicación do procedemento aberto para a contratación por lotes das obras en distintos campos de fútbol da cidade. Segundo detallou, o custo dos traballos do campo de As Travesas ascende a 159.1000 euros, o da ETEA, a 362.694 euros e o de Samil, a 183.3000 euros. As obras arrancarán en 15 días.

Por outra banda, tamén se procedeu ao nomeamento de 11 axudantes de oficios, 2 subalternos e 3 oficiais sepultureros, como funcionarios interinos, por acumulación de tarefas, durante seis meses.
Descargar todas as imaxes