Xunta de Goberno Local
O goberno local opta por un novo concurso da zona azul e o comunica ao xulgado
venres, 16 mai 2014A Xunta de Goberno Local acordou comunicar ao xulgado a necesidade de convocar unha nova licitación do servizo de estacionamento regulado en superficie, seguindo o criterio técnico e atendendo a unha sentenza de 2012 que anula a adxudicación anterior, que data de hai case unha década.
O Concello reclamará ante a Xunta de Galicia o perxuizo económico da suba do canon de SOGAMA
venres, 16 mai 2014Caballero anunciou este venres a decisión, baseada nos informes xurídicos, de iniciar a avaliación económica dos perxuizos producidos á facenda municipal pola suba do canon de SOGAMA, decidida pola Xunta de Galicia na Lei de Orzamentos, para posteriormente proceder á reclamación patrimonial por danos contra o executivo autonómico.
O alcalde avanza a inmediata aprobación dos proxectos sufragados co superavit do 2012
xoves, 8 mai 2014O goberno local dará luz verde esta mesma semana aos proxectos que se van sufragar con cargo aos 5,9 millóns do superávit 2012. A reforma da grada de Río de Balaídos, humanizacións, creación e mellora de zonas verdes, deportivas e colexios públicos concentran a grande parte deste investimento.
A concesión do Mirador de O Castro sae a concurso por 30 anos e 254.000 euros
xoves, 3 abr 2014O alcalde deu conta do inicio do periodo de 30 días de exposición pública dos pregos de concesión da Cafetería Mirador de O Castro. Tal e como explicou, a concesión será por un máximo de 30 anos e terá un investimento mínimo de 254.000 euros.