O goberno de Vigo renova o acordo para entregar de balde 1.600 entradas aos partidos do Celta
venres, 4 set 2015Abel Caballero informou deste acordo adoptado este venres en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local. O Concello dá continuidade unha temporada máis a este programa, que permite o acceso a Balaídos de principalmente escolares de Primaria e persoas con menos recursos, ademais de discapacitados e voluntarios.