Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 4 feb 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 8 DE FEBREIRO DE 2016.



1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 22 de xaneiro de 2016.

CONTRATACIÓN
2.- Adxudicación do procedemento aberto para a contratación da subministración de enerxía eléctrica en media e baixa tensión para as distintas instalacións e dependencias do Concello de Vigo. Expte. 15696/444.

3.- Dar conta da resolución do "Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales" do recurso interposto por SPETEL GALICIA S.L. contra o procedemento aberto para a contratación de "subministro en réxime de arrendamento de dispositivos de impresión". Expte. 7075/113.

4.- Dar conta da resolución do "Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales" do recurso interposto por XEROX ESPAÑA S.A.U. contra o procedemento aberto para a contratación de "subministro en réxime de arrendamento de dispositivos de impresión". Expte. 7075/113.


CULTURA
5.- Fixación de prezos de venda de entradas da Programación Vigocultura do Servizo de Cultura e Bibliotecas no Auditorio municipal, no primeiro semestre do ano 2016. Expte. 15216/331.

DEPORTES
6.- Proposta de autorización para a organización do "XXXIX Trofeo de Campo a través San Miguel de Oia". Expte. 14691/333.

7.- Proposta de autorización para a organización do evento "Rutas Xistra polos montes de Vigo". Expte. 14840/333.

EDUCACIÓN
8.- Proposta de nomeamento de representantes municipais nos Consellos Escolares dos Centros de Ensino Público de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.17636/332.

EMPREGO
9.- Proposta de resolución dos recursos de reposición presentados contra o acordo de outorgamento de axudas municipais á creación de empresas do ano 2015, e aceptación de renuncia da axuda concecida. Expte. 12117/77.

10.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Centro de Formación Estudios MEGA S.L. e o Concello de Vigo para prácticas profesionais non laborais dos cursos AFD 2016. Expte. 12630/77.

11.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Centro de Formación CEICA S.L. e o Concello de Vigo para prácticas profesionais non laborais dos cursos AFD 2016. Expte. 12631/77.

RECURSOS HUMANOS
12.- Complemento de produtividade por conducir vehículo municipal dos servizos de Museo e Transportes correspondentes ao 1º, 2º e 3º trimestre de 2015. Expte. 27373/220.

13.- Gratificacións de servizos en domingos, festivos e nocturnidade do persoal municipal correspondente ao mes de decembro-2015. Expte. 27549/220.

14.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal dos distintos servizos correspondentes aos meses de Agosto e Decembro-2015. Expte. 27551/220.

15.- Complemento de produtividade do persoal do Parque Móbil por manexar maquinaria pesada correspondente ao 4º Trimestre-2015. Expte. 27570/220.

16.- Complemento de produtividade por toxicidade da brigada de pavimentación do Parque Móbil correspondente ao mes de Decembro-2015. Expte. 27574/220.

17.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios de gran gala realizados pola Policía Local na Cabalgata de Reis-2016. Expte. 27578/220.

18.- Gastos de Locomoción de varios servizos municipais correspondentes aos meses de Abril a Decembro-2015. Expte. 27593/220.


19.- Dar conta da resolución do concelleiro da Área de Xestión municipal e Persoal sobre renuncia presentada por dona Almudena Carballo Troncoso ao seu nomeamento interino por acumulación de tarefas como Auxiliar Administrativa. Expte. 27614/220.

20.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 8 de febreiro de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 3 de febreiro de 2016.


O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.