Xunta de Goberno Local
O goberno de Vigo amplía o Servizo de Axuda no Fogar para atender a cen persoas máis
venres, 15 xul 2016O alcalde de Vigo anunciou este venres a aprobación do expediente de contratación deste programa de atención social en domicilios particulares, un contrato de case 5 millóns anuais que se amplía para ofrecer 5.000 horas máis cada mes de atención, o que permitirá atender a un total de 800 persoas, cen máis que na actualidade.<br />
O Concello licita a contratación do albergue por 900.000 euros anuais
martes, 28 xuñ 2016A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación do funcionamento do Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social por un prazo de catro anos e cun importe total de 3.699.706 euros. Para o rexedor trátase dun "albergue de atención integral" que garante que "ninguén que queira durmir a cuberto deixa de ter un teito en Vigo".
O goberno vigués dedica case 300.000 euros ás escolas deportivas municipais
luns, 27 xuñ 2016Co fin de impulsar a formación deportiva da infancia o presuposto das escolas deportivas medra un 15% respecto ao ano anterior. A Xunta de Goberno Local resolveu tamén as axudas municipais excepcionais de comedor a 57 alumnos por un importe de 13.500 euros, aceptou a cesión dunha parcela en Ramón Nieto para ser empregada como horta urbana e aprobou a segregación e agrupación da parcela de Navia para que a Xunta amplíe o CEIP Castelao.
O Concello aproba os requisitos das autorizacións provisionais para os mercadiños de Coia e Bouzas
mércores, 22 xuñ 2016A Xunta de Goberno Local deu o visto bo aos requisitos que deben cumprir as persoas interesadas, que teñen que estar dadas de alta no réxime correspondente da Seguridade Social, ter satisfeitas as taxas pertinentes e posuír seguro de responsabilidade civil. O prazo de solicitude do permiso está aberto co fin de que os mercados poidan volver celebrarse o 3 de xullo en Bouzas e o día 6 en Coia.
O Concello apoia con 146.000 euros a música das bandas populares e con 50.000 o deporte de elite
luns, 20 xuñ 2016A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén ao convenio de colaboración coa Asociación de Corais Polifónicas de Vigo que destina 25.000 euros para 108 actuacións do programa "Vigo, un mar de corais". O convenio coa Federación de Bandas Populares apoia o ciclo de concertos das nove formacións viguesas en toda a cidade. Ademais, está aberto o prazo de solicitude do boni-taxi para as persoas discapacitadas.
O Concello inviste 3 millóns e medio de euros na humanización das rúas Camelias, Álvaro Cunqueiro e Estorniño
venres, 17 xuñ 2016Os proxectos de humanización destas tres rúas recibiron hoxe o visto bo da Xunta de Goberno Local de maneira que, segundo o alcalde, con este orzamento o Concello fará "máis humanizacións que cada un dos alcaldes antes de que eu chegara". Ademais o Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou a cesión de catro vivendas sociais para que a Concellería de Igualdade as inclúa na rede de vivendas de protección para mulleres.
O goberno de Vigo aproba proxectos para humanizacións na Avenida de Castelao e en Vía Norte
venres, 10 xuñ 2016Caballero informou este venres do visto bo dado aos proxectos de obras para a remodelación da Avenida de Castelao, entre as rúas Redondela e Porriño, e da primeira fase da Vía Norte, entre a Travesía de Vigo e Escultor Gregorio Fernández. O Concello destina para ambas humanizacións un total de 1,6 millóns de euros.