Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 28 xul 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 29 DE XULLO DE 2016.


1.- Acta da sesión ordinaria e da extraordinaria e urxente do 17 de xuño de 2016, extraordinarias e urxentes do 21 e 22 de xuño, ordinaria e extraordinaria e urxente do 27 de xuño e extraordinarias e urxentes do 28 e 29 de xuño de 2016.

ALCALDÍA
2.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Alcaldía no segundo trimestre do ano 2016. Expte. 14221/101.

CONTRATACIÓN
3.- Clasificación de ofertas para a contratación de servizos de atención ao público en Vigozoo. Expte. 7144/612.

4.- Clasificación de ofertas para a contratación do servizo de limpeza de Vigozoo. Expte. 7145/612.

5.- Clasificación de ofertas para a contratación dos servizos de mantemento e soporte de aplicacións informáticas propiedade do Concello de Vigo. Expte. 7760/113.

6.- Clasificación de ofertas para a contratación do servizo de mantemento de aplicacións externas de Recadación e Contabilidade. Expte. 7694/113.

7.- Clasificación de ofertas para a contratación do servizo de mantemento da aplicación de estatística. Expte. 7695/113.

8.- Clasificación de ofertas para a contratación dos servizos de mantemento e reparación das instalacións de contenerización soterrada do Concello de Vigo. Expte. 5896/252.

9.- Clasificación de ofertas para a contratación da prestación dos servizos de educación permanente de adultos. Expte. 17747/332.

10.- Corrección de erros no acordo de clasificación de ofertas para a contratación da subministración de vestiario para o persoal do Concello. Expte. Expte. 3494/440.

11.- Dar conta das recolucións nº 534/2016 e 570/2016 do TACRC recaídas nos recursos interpostos polas mercantís EQUIPOS DE SEÑALIZACIÓN Y CONTROL S.A., INDIGO PARK ESPAÑA S.A.U e DORNIER S.A. contra contra o prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o procedemento aberto para a contratación da concesión de servizos de estacionamento regulado e controlado na vía pública mediante parquímetros. Expte. 90514/210.

DEPORTES
12.- Proposta e de autorización para a organización do evento deportivo "II Edición-Vigo Battle of Teams Summer 2016", os vindeiros días 6 e 7 de agosto de 2016. Expte. 15033/333.

EMPREGO
13.- Proxecto de convenio de colaboración coa "Asociación de Comerciantes Zona Centro de Vigo" no marco do fomento do emprego para a potenciación do comercio da "Área Comercial Zona Centro de Vigo". Expte. 12939/77.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
14.- Proxecto de convenio de colaboración co Sindicato Nacional CC.OO de Vigo para axudar ao financiamento das actividades da entidade, e aos gastos de mantemento directamente relacionados co seu desenvolvemento. Expte. 7384/320.

TURISMO
15.- Aboamento da cota ordinaria do Concello de Vigo a favor da "Fundación PROVIGO e a súa Área" (2016). Expte. 6196/104.


16.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 29 de xullo de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.



Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 27 de xullo de 2016.


O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.