O goberno de Vigo contrata a humanización da Avenida Castelao entre as rúas Redondela e Porriño
Abel Caballero informou este mércores que o Concello adica ao efecto 250.000 euros. A Xunta de Goberno Local tamén aprobou os traballos de mellora nos campos de fútbol de Comesaña e Meixoeiro e os servizos de divulgación dos xacementos arqueolóxicos de Toralla e O Castro.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores da aprobación, en Xunta de Goberno Local, do expedente de contratación do proxecto de humanización da Avenida Castelao, entre as rúas Redondela e Porriño, por importe de 250.000 euros.
Na mesma da Xunta de Goberno Local, engadiu Caballero, validouse a clasificación de ofertas e a contratación dos traballos de mantemento e reparación dos campos de fútbol municipais de Comesaña e Meixoeiro, cun investimento total algo superior aos 150.000 euros.
Estas obras forman parte do convenio asinado por Abel Caballero e Carmela Silva como máximos responsables do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra, respectivamente, para renovar sete campos de fútbol base na cidade, por un importe total de 600.000 euros. Xunto aos do Meixoeiro e o de Comesaña, os recintos deportivos afectados son o do Sárdoma-Moledo, A Guía, A Bouza, Santa Mariña e Monte da Mina.
Por último, o alcalde de Vigo deu conta da adxudicación e contratación dos servizos para a promoción e divulgación dos xacementos arqueolóxicos que Vigo ten no Castro e na vila romana de Toralla. O contrato conleva un gasto para o Concello de 71.000 euros. "Queremos que toda Galicia coñeza os xacementos arqueolóxicos que hai en Vigo, o noso pasado, a forma na que o entendemos e, polo tanto, queremos facer un planteamento de divulgación significativo", asegurou Caballero.