O Concello consolida a recollida de vidro "Porta a Porta" no Casco Vello
O segundo tenente de alcalde, David Regades, anuncióuno este mércores tras o "éxito" do sistema nos tres meses que se testou, cando participaron 117 establecementos e se recolleron para reciclaxe 64 toneladas de vidro. A partir de agora, Concello e Ecovidrio empregarán definitivamente o "Porta a Porta" e ampliaranse de dous a tres os días semanais de recollida.
O segundo tenente de alcalde e concelleiro de Limpeza, David Regades, participou este mércores na Casa Galega da Cultura no acto de entrega de premios aos hosteleiros máis comprometidos coa reciclaxe e a recollida do vidro "Porta a Porta" no Casco Vello vigués, poñendo punto e final ao periodo de tres meses de probas dun sistema que se revelou como un "éxito".
Regades fixo balance da campaña impulsada polo Concello e Ecovidrio nestas semanas e valorou que o obxectivo de recollida e reciclaxe de vidro se duplicara, con máis de 64 toneladas recollidas, polo que agradeceu o "compromiso" dos 117 establecementos colaboradores. "É unha forma distinta e responsable de fomentar a reciclaxe en Vigo", apuntou.
O segundo tenente de alcalde, ante o "éxito" do periodo de probas, anunciou que o sistema de recollida de vidro "Porta a Porta" na zona vella pasará a ser definitivo e ampliaránse de dous a tres os días de recollida semanais, ante o volume de residuos e á petición dos propios restauradores e hosteleiros.
En toda a cidade de Vigo, concluíu Regades, cada habitante reciclou no ano 2015 case once quilos de vidro, o que representa unha suba de máis dun 10% con respecto ao ano anterior.
Premios
A campaña arrancou a finais do mes de marzo e Ecovidrio puxo en marcha unha acción de seguimento da recollida, onde monitores ambientais visitaron mensualmente a todos os locais adheridos ao programa para coñecer de primeira man as impresións dos hostaleiros ante o novo sistema de recollida, resolver dúbidas en canto á súa utilización e comprobar que se estivese utilizando o servizo.
Aqueles hostaleiros que demostraron unha participación activa na campaña entraban automaticamente nun sorteo mensual ante notario onde dous locais resultaban premiados cunha fin de semana en hoteis balneario dunha coñecida cadea hostaleira nacional. Agora, e tras tres meses de sorteo, seis establecementos da zona recolleron os seus premios no acto desta mañá.
Descargar todas as imaxes