Caballero di que o estudo Blue Growth do Porto marca un "bo trazado" que "hai que desenvolver"
Este mércores, durante a presentación do estudo "Crecemento Azul" da Autoridade Portuaria, o alcalde vigués indicou que este traballo, froito da "cooperación", é "excepcional, feito en tempo récord e con recursos modestos".
O primeiro edil valorou o estudo como o "froito do traballo dos profesionais do Porto", que concibe como un "espazo para a modernidade, pois as cidades portuarias sempre foron distintas".
Caballero expuxo que "o Porto de Vigo está especializado na economía do territorio e así queremos que siga a ser, prestando servizo á industra e á economía", defendeu que existen "lugares de encontro e de cooperación" co Concello de Vigo, pois o papel da administración que preside e "dar apoio" á Autoridade Portuaria.
O estudo "Blue Growth", presentado esta mañá nas instalacións portuarias, foi valorado polo rexedor como un "excepcional" traballo que marca "un bo trazado que agora hai que desenvolver".
Descargar todas as imaxes