Xunta de Goberno Local
O goberno de Vigo adxudica catro novas humanizacións por 2 millóns de euros
luns, 2 xan 2017O alcalde informou este luns das propostas de adxudicación de humanizacións aprobadas pola Xunta de Goberno Local. Por un total de 2.037.000 euros, o Concello acometerá novas fases da mellora das Camelias e Castelao e iniciará as remodelacións das rúas Estorniño e Llorente
O Concello eleva a 160.000 euros e duplica as bolsas de inglés da Escola de Idiomas<br />
venres, 23 dec 2016O goberno local outorgará o próximo curso 92 bolsas para unha estancia no estranxeiro aos alumnos da Escola de Idiomas, o que supón duplicar o número de prazas. Así mesmo, aprobou exencións por valor de 1.261 euros para o uso de instalacións deportivas, unha cifra que eleva á 235.000 euros as subvencións a entidades sociais ou educativas.
O Concello investirá 2,3 millóns nas humanizacións de Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro
luns, 12 dec 2016O alcalde deu conta da adxudicación provisional das humanizacións de Rosalía de Castro (entre Canceleiro e Serafín Avendaño) e da primeira fase de Álvaro Cunqueiro. O importe de ambas actuacións ascende a 2,3 millóns de euros.
A cabalgata de Reis de Vigo 2017 evocará o mundo xurásico <br />
venres, 25 nov 2016O alcalde anunciou a adxudicación da contratación das carrozas que terán ao Dinoseto e o mundo xurásico como protagonistas. Amais, a Xunta de Goberno Local aprobou as bases da Oferta de Emprego Público de 2013 que inclúe 17 prazas e a adxudicación provisional da explotación do aparcamento da Praza de Portugal.
O Concello destina 295.000 euros ao fomento do fútbol base
mércores, 2 nov 2016A Xunta de Goberno Local aprobou os proxectos de obra para a senda fluvial do río Lagares dende a estrada de Moledo ata o polígono de Miraflores e para a senda do tramo entre o mercado de Cabral e a rúa Manuel Álvarez. Caballero sinalou que a reforma do paseo eliminará prazas de aparcamento na contorna de Citroen, polo que instou a Zona Franca a que constrúa un para o persoal da factoría.
O Concello contrata o mantemento de zonas de interese patrimonial por 100.000 euros anuais
luns, 31 out 2016O goberno local reforza os seus esforzos polo coidado do patrimonio histórico e ven de contratar a unha empresa especializada para o mantemento de varias zonas da cidade cun importe de preto de 100.000 euros ao mes. Na mesma Xunta de Goberno tamén se aprobou a instalación de 500 novos bancos, cun orzamento de 75.000 euros