mércores, 28 set 2016
A Xunta de Goberno Local deu o visto bo á clasificación de ofertas da contratación deste servizo de dependencia e tamén ao convenio de colaboración coa Asociación de Veciños Novo Vigo para financiar con 5.000 euros o aluguer do seu local e ás subvencións para entidades de carácter social por un importe de 50.000 euros. <br />
luns, 26 set 2016
Con esta nova remesa, os bancos dispoñibles na cidade superarán os "4.000" segundo explicou Abel Caballero que tamén informou da adxudicación do servizo de educación permanente de adultos á Asociación de Mulleres Progresistas que incrementará as horas de formación pola demanda do alumnado
mércores, 21 set 2016
Abel Caballero asinou este mércores o convenio coa responsable da unión comarcal de CC.OO en Vigo, Amelia Pérez, segundo o cal o Concello respalda e fomenta as actividades do sindicato. Tamén en materia de emprego, o goberno de Vigo vén de conceder 30.000 euros a dúas entidades sen ánimo de lucro para proxectos de investigación, innovación e emprego.
luns, 19 set 2016
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación do servizo de aplicacións informáticas por un importe de 139.000 euros e o servizo de mantemento e reparación dos contedores soterrados por un valor de 70.062 euros. A renovación do campo do Carballal sae a licitación por 680.000 euros
venres, 26 ago 2016
O alcalde de Vigo felicitou esta mañá á empresa eléctrica e os servizos técnicos municipais pola boa resposta que tiveron os sistemas eléctricos da cidade na madrugada do pasado xoves cando se rexistrou unha descarga eléctrica "fortísima e profundísima". Ademais, a Xunta de Goberno Local aceptou dous obradoiros de formación e emprego e autorizou o préstamo de varias obras do Museo Quiñones de León.
venres, 15 xul 2016
O alcalde de Vigo anunciou este venres a aprobación do expediente de contratación deste programa de atención social en domicilios particulares, un contrato de case 5 millóns anuais que se amplía para ofrecer 5.000 horas máis cada mes de atención, o que permitirá atender a un total de 800 persoas, cen máis que na actualidade.<br />