Xunta de Goberno Local
O goberno local adxudica provisionalmente o servizo de mantemento do parque de O Castro
luns, 24 out 2016A Xunta de Goberno Local deu luz verde á clasificación de ofertas para a contratación do servizo de mantemento e conservación de o Parque de O Castro con un prezo de licitación de 255.000 euros. Tamén se aprobou o expediente de contratación do deseño das carrozas da Cabalgata de Reis cun orzamento máximo de 57.000 euros.
O Concello aumenta a asignación anual ao servizo municipal do albergue nun 20%
xoves, 20 out 2016A Xunta de Goberno Local adxudicou provisionalmente o servizo do albergue por un período de catro anos. O prezo de licitación foi de case 3.700.000 euros e,tal e como avanzou o rexedor, a asignación anual aumentará nun 20%. <br /> <br />
O goberno de Vigo incrementa o persoal do servizo de Benestar Social
venres, 14 out 2016Segundo informou o alcalde, a Xunta de Goberno Local aprobou o nomeamento de 4 auxiliares para o servizo municipal de política social, ao que se sumarán outros 10, tres a próxima semana e sete coa Oferta de Emprego Público para atender a demanda cidadá. Caballero tamén amosou hoxe a súa satisfacción polo "crecemento excepcional" do aeroporto de Peinador en setembro.
Concello e Diputación destinan 50.000 euros á conservación dos Sendeiros Azuis
venres, 14 out 2016Os traballos para a preservación da Senda Camiño a Beiramar que transcorre polo Paseo do río Lagares, a Senda dos Faros das Illas Cíes e a Senda Litoral e do Monte da Guía e Teis serán acometidas grazas ao convenio de colaboración aprobado pola Xunta de Goberno Local cun importe de case 50.000 euros.
O Concello distribúe 1.600 entradas entre diferentes colectivos da "grada cidadá" de Balaídos
venres, 30 set 2016A Xunta de Goberno Local aprobou o convenio co Celta para retomar o reparto de entradas esta temporada entre colectivos sociais. Tamén deu o visto bo ao convenio de colaboración co Rápido de Bouzas para a cesión das instalacións deportivas, que inclúe o pagamento de 40.000 euros anuais polo canon ao Porto, e aos convenios coa Fundación Secretariado Xitano, por valor de 16.000 euros, e coa Asociación de Veciños Fonte do Galo.