xoves, 25 mai 2017
Xa está en marcha o Programa municipal de Escolas Deportivas Achégate ao deporte 2017 cunha oferta de 5.000 prazas en 34 modalidades diferentes. Ten un orzamento de 300.000 euros e oferta actividades para nenos e nenas de entre 6 e 18 anos.
mércores, 26 abr 2017
O alcalde avanzou que a Xunta de Goberno Local de mañá xoves aprobará o convenio polo cal o Concello achegará 100.000 euros para respaldar a Feira de Conxemar. Caballero tamén informou dunha nova subvención á Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos e demandou da Xunta de Galicia apoio á nomeada entidade.<br />
mércores, 26 abr 2017
PSOE e Marea acordaron esta mañá esixir á Consellería de Educación que acometa as obras de reforma das instalacións do IES Casares que permitan desenvolver as tarefas educativas en condicións de calidade. Esta moción socialista contou co voto en contra do Partido Popular.
mércores, 26 abr 2017
O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, indicou que o Concello de Vigo abonou as facturas do primeiro trimestre do ano 12 días antes de que comece o prazo legal para facelo, cando a media das urbes en España ascende a 59 días. O goberno de Vigo presentou os datos no Pleno deste mércores.
luns, 27 feb 2017
O Concello xa aprobou as bases e a convocatoria do programa, que se resolverá por concorrencia competitiva. O obxectivo, explicou o alcalde este luns, é fomentar o emprego en ocupacións de "utilidade social", a través de entidades veciñais e culturais, sociais e asistenciais, empresariais, deportivas, sindicatos e comunidades de montes.
luns, 23 xan 2017
O goberno de Vigo, informou este luns Abel Caballero, validou a clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- para a contratación deste servizo por catro anos e un importe de 11,3 millóns.