Xunta de Goberno Local
Os programas municipais para persoas maiores supoñen un investimento de 13,4 millóns
luns, 12 nov 2018O Concello adica 13,4 millóns a programas para maiores de 65 anos, entre os que destaca o servizo de axuda no fogar, con 5,9 millóns ou as achegas ao transporte público, de 6,8 millóns. Tal e como engadiu, probablemente" non haxa en España ningún concello cun investimento similar".
O goberno de Vigo eleva a cen as becas para alumnado da Escola de Idiomas
xoves, 8 nov 2018O Concello aprobou as bases e a convocatoria do programa, que presenta un orzamento de 175.000 euros para incrementar ata cen o número de estadías subvencionadas no estranxeiro, segundo anunciou Abel Caballero. Ademais, o goberno vigués concede outras 750 prazas para alumnado de Secundaria.
O goberno de Vigo contrata a renovación dos peches do Santa Irene e do Santo Tomé
venres, 10 ago 2018Abel Caballero informou este venres da contratación das obras, que presentan un importe próximo aos 60.000 euros e un prazo máximo de execución dun mes. Sendo competencia da Xunta, o Concello asume esta mellora dado o estado de deterioro dos peches perimetrais.
Vigo adxudica as obras de recuperación da Finca Solita por un importe de 221.000 euros
luns, 23 xul 2018Abel Caballero informou este luns do acordo da Xunta de Goberno Local para abordar a rehabilitación da coñecida como Finca Solita, un edificio de estilo indiano na parroquia de Alcabre. Ademais, o Concello deu o visto e prace á prorroga dos contratos coas escolas municipais de danza e música tradicional.
O Concello firma convenios de colaboración con colectivos de Vigo por valor de 56.000€
venres, 6 xul 2018A Xunta de Goberno validou este xoves catro convenios de colaboración con outros tantos colectivos da cidade para a promoción e difusión das súas actividades. O alcalde informou dos acordos coa Federación de Peñas "El Olivo", UGT, Agarimo e Xoves Empresarios.
O goberno de Vigo adxudica a nova praza en Sanjurjo Badía co Barrio das Flores
luns, 28 mai 2018O alcalde deu conta este luns da adxudicación desta nova humanización en Teis, cun orzamento de case 600.000 euros. O goberno vigués tamén adxudicou o servizo de socorrismo en praias e aprobou as bases para apoiar con 300.000 euros ao movemento asociativo.
O Concello de Vigo aproba axudas para as zonas de rehabilitación de vivendas en Bouzas, Casco Vello, Santa Clara e Coia
venres, 20 abr 2018A Xunta de Goberno Local deu o visto e prace á modificación orzamentaria para financiar as reformas nas catro Áreas de Rehabilitación integral (ARIS) de Vigo. Ademais, segundo informou o alcalde, tamén aprobáronse a subvención para o club Seis do Nadal, as becas para emprego pola mocidade e as bases reguladoras para as subvencións da Concellería de Igualdade.