mércores, 5 xuñ 2019
O goberno de Vigo vén de adxudicar o contrato para os próximos oito anos e medio cun orzamento de 35,6 millóns. Ademais de xestionar a sala de tráfico, a rede semafórica e os túneles da cidade, o Concello despregará a infraestrutura que faga posible a interacción da cidade co vehículo intelixente.
luns, 20 mai 2019
Nunha sesión extraordinaria o pasado xoves, a Xunta de Goberno Local adxudicou a contratación das obras de renovación da capa de rodaxe do paso inferior de Beiramar, entre o Berbés e a rúa Areal. Ademais, validouse o texto do convenio coa Deputación para o desenvolvemento do Seafest.
mércores, 8 mai 2019
A Xunta de Goberno Local dará conta este xoves da concesión de outras 66 becas para comedor con carácter excepcional. Ademais, o Concello dará o visto e prace ás bases para as subvencións de bono-taxi a persoas con problemas de mobilidade e tamén aprobará na mesma sesión a contratación de servizos auxiliares para o funcionamento da Aula de Estudo da UNED.
venres, 26 abr 2019
O protocolo acordado pretende a promoción e dinamización conxunta do patrimonio artístico municipal. Amais quedou autorizada a modificación do proxecto de humanización de Rosalía de Castro na rúa Heraclio Botana.
mércores, 17 abr 2019
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo deu o visto e prace á compra das depuradoras para que as piscinas de Samil poidan ter auga salgada. O importe do contrato elévase a 64.000 euros.
mércores, 17 abr 2019
Concello de Vigo adicará uns 700.000 euros ás labores de asfaltado da Avenida Arquitecto Palacios, despois de que a Xunta de Goberno Local aprobase a clasificación para a contratación do proxecto de pavimentado.
xoves, 7 feb 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este xoves que a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto para que a zona superior do túnel da autoestrada AP9, ao seu paso por Candeán, poida converterse nunha zona de ocio. Tamén foron aprobadas as becas de inglés para a Escola de Idiomas e as novas butacas para a grada de Río Baixo.
venres, 1 feb 2019
A Xunta de Goberno Local aprobou os proxectos de renovación das instalacións destes dous campos e tamén o expediente de contratación do quinto programa municipal de medianeiras que ten un orzamento de 280.000 euros.
mércores, 19 dec 2018
O Concello ten ocupadas as catro vivendas municipais que ten destinadas a servizos sociais. Así o avanzou esta mañá o rexedor logo de dar conta da asignación de dúas delas a outros tantos núcleos familiares que forman parte do programa infancia e Familia.
martes, 11 dec 2018
A través dun convenio de colaboración co que Vodafone opta ao concurso Red.es do Ministerio de Economía que permitirá implantar a tecnoloxía 5G na cidade, sendo unha das primeiras de España en conseguilo.