luns, 16 nov 2020
O alcalde avanzou que a Xerencia de Urbanismo aprobará mañá martes as bases e a convocatoria das axudas ás que poden optar ata 300 inmobles catalogados co grao de protección monumental, integral e estrutural e que terán un importe de 30.000 euros.
luns, 9 nov 2020
O paseo de Bouzas, dous tramos das ramplas de Gran Vía, a última fase da humanización de García Barbón, a Ronda de don Bosco ou a ampliación do Ifevi son as obras que a Xunta ten paralizadas en Vigo nestes momentos. Estes proxectos suporían unha inxección económica na cidade de case 16 millóns en obra pública.
venres, 6 nov 2020
O alcalde de Vigo denunciou esta mañá o atraso co que a Xunta está a tramitar a ampliación do ifevi, unha vez que o Concello xa ten consignado o crédito para poder realizar as expropiacións tan pronto como o goberno autonómico remate coas sús responsabilidades. Insistiu na importancia de que Conxemar poida contar con máis superficie de cara a próxima edición para poder afrontar a competencia que vai sufrir desde outros territorios.
martes, 3 nov 2020
O alcalde presentou esta mañá as grandes cifras do orzamento para 2021 que alcanza os 264 millóns aos que hai que sumar as inversións previstas pola Deputación na cidade. Trátase, dixo, dunha cifra récord para “mobilizar a economía” nun ano que se prevé “moi difícil”.
luns, 2 nov 2020
O Concello está pendente de que a Xunta declare a urxente ocupación dos terreos sobre os que se vai ampliar o recinto feiral de Vigo. Ata ese momento, o Concello non pode iniciar a expropiación das correspondentes parcelas polo que o rexedor urxe ao Goberno autonómico a que o faga canto antes.
luns, 2 nov 2020
O alcalde explicou que se trata dunha conexión de "grande interese" para esa zona da cidade onde viven arredor de 20.000 persoas ao permitir salvar un desnivel de cinco pisos de altura, entre Travesía e Aragón á altura da igrexa do Santo Cura de Ars. A obra financiarase cos remanentes municipais que ascenden a 36 millóns de euros.
mércores, 28 out 2020
A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, defendeu esta mañá unha proposta que permitirá edificar en dous solares situados entre as rúas Martínez Garrido, Sagunto e Valladolid. Deste xeito, o Concello activará o Instrumento de Ordenación Provisional, tras a caída do PXOM de 2008, unha vez recibidos os informes favorables da Xunta de Galicia.
venres, 23 out 2020
O Concello vén de solicitar a modificación da chamada Lei Vigo para poder aplicala en cuestións como a reforma dos accesos do colexio Párroco don Camilo. O rexedor criticou que as administracións locais non poidan solicitar a aplicación dunha normativa que lle permitiría executar con urxencia proxectos non recollidos no planeamento pero de indubidable interese público.
luns, 19 out 2020
O alcalde trasladou este luns a ADIF unha proposta máis ambiciosa: cubrir o actual espazo ferroviario e portuario no final de García Barbón para dispor así dun ámbito deportivo maior. A solución, similar á da terraza pública sobre a estación de Vialia, foi ben acollida por Zona Franca e ADIF, presentes na reunión, e permitiría compatibilizar o uso cidadá cos actuais.
xoves, 15 out 2020
O alcalde cualificou esta aprobación como un “gran avance” na historia da cidade que suporá unha recuperación “extraordinaria” dunha zona moi deteriorada no centro de Vigo. A modificación puntual do Plan Xeral saíu adiante esta mañá cos votos favorables de PSOE e PP, co voto en contra de Marea e a abstención do concelleiro non adscrito.