Urbanismo
O Ministerio de Fomento outorga outros 778.000 euros para a rehabilitación de vivendas en Vigo
mércores, 23 out 2019O Plan de Rehabilitación e Rexeneración Urbana 2018-2021 está a permitir actuar en 315 vivendas nestes momentos, cun volume de inversión de 4,6 millóns dos que 1,8 proceden do Ministerio de Fomento. Onte mesmo, o Goberno Central adxudicou outros 778.000 euros á partida de Vigo para poder acometer unha segunda fase deste plan, dada a boa xestión executada con estes recursos.
A Xerencia de Urbanismo aprobará o próximo martes un orzamento de 7.778.605 euros
venres, 18 out 2019O goberno local aprobará o orzamento da Xerencia de Urbanismo o próximo martes 22 de outubro cun montante de 7.778.605 euros. A prioridade deste documento será continuar coa tramitación do Plan Xeral, ademais de seguir con outros ámbitos como Barrio do Cura, Cruceiro, Recaré ou a Panificadora.
O goberno local aproba o convenio urbanístico para o ámbito de Cordelerías Mar
martes, 15 out 2019A Xerencia de Urbanismo deu luz verde este martes ao convenio para a execución do planeamento do ámbito de Cordelerías Mar, que ten unha superficie de 7.227 metros cadrados de uso residencial libre.
O Concello pecha as escaleiras da Praza da Estación por seguridade durante as obras
venres, 11 out 2019Abel Caballero anunciou este venres que as escaleiras da Praza da Estación están xa pechadas por motivos de seguridade durante as obras do Centro Vialia. Esta mesma semana o Concello de Vigo aprobou o proxecto de construción dos accesos á estación do AVE de Vigo.
O goberno local derribará catro edificios abandonados que afean a fachada da Colexiata
venres, 11 out 2019O Concello iniciará os trámites para adxudicarse catro edificios abandonados que están situados fronte á Colexiata. O obxectivo é construír un equipamento público acorde co resto da Praza da Igrexa, unha das zonas máis emblemáticas e visitadas da cidade. <br />
O Concello dispón unha parcela en Alfonso XIII para as casetas de obra da estación do AVE
venres, 4 out 2019O Concello porá a disposición das obras dos accesos e da estación do AVE unha parcela na rúa Alfonso XIII para colocar provisionalmente casetas que faciliten a operatividade dos traballos. Nomeadamente, a Xunta de Goberno aprobará a semana que vén o proxecto de construción dos accesos á nova estación, cun importe de 11,8 millóns.