martes, 17 xan 2012
Según explicó hoy martes el alcalde vigués, la gerente de Urbanismo, María Carnero, solicitó por escrito a la delegación de la Junta en Vigo el proyecto definitivo de la Ciudad de la Justicia. En la carta se solicita el nuevo documento para comprobar que en este caso sí se adapta al PXOM, no como el proyecto anteriormente presentado por la Junta, que era "ilegal".
venres, 13 xan 2012
A Xerencia de Urbanismo desta mañá deu luz verde á concesión da licencia de actividade para a construción dunha oficiña de emprego na rúa Teixugueiras. Deste modo, dáse o primeiro paso para a posta en marcha dunha infraestrutura "moi demandada nesta cidade".
venres, 23 dec 2011
Abel Caballero explicou hoxe o Concello inicia o procedemento administrativo para construír 44 vivendas sociais en Cambeses. Na sesión de Urbanismo desta mañá, segundo explicou o rexedor, tamén se deu luz verde á contratación da demolición parcial do edificio Churruca 3-5 por un valor de 424.000 euros.
venres, 16 dec 2011
A Xerencia de Urbanismo desta mañá deu luz verde ao Plan de Inspección Urbanística de 2012 co obxectivo de "previr e combater" as infraccións urbanísticas na cidade. Na mesma sesión, anunciou o alcalde, deuse conta da xestión de licencias de obra e de actividade cun investimento global de 619.000 euros.
xoves, 15 dec 2011
Abel Caballero visitou este xoves os traballos previos á humanización e urbanización dunha parcela do Calvario entre San Roque e Ruiseñor, unha obra que executará o Concello creando 150 vivendas a abrindo un vial rodado entre as dúas rúas e unha zona peonil, de 6.000 metros cadrados. O investimento ascende a 4,2 millóns de euros, sufragados pola propiedade, e o alcalde estimou o remate dos traballos no comezo do ano 2013.
mércores, 14 dec 2011
A concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, avanzou que o Concello iniciará a demolición parcial de parte do edificio ilegal de Churruca a mediados do próximo mes de xaneiro, cumprindo deste xeito un mandato xudicial. Así o indicou esta mañá, logo de que se reunira a mesa de contratación para valorar as ofertas das nove empresas que aspiran a executar a sentenza xudicial, na que o Concello actúa como responsable subsidiario.