O concelleiro de Urbanismo presenta o plan para o ámbito da Falcoa

martes, 29 dec 2009

O concelleiro de Urbanismo, José Mariño, presentou hoxe o plan parcial no ámbito de Falcoa, dentro do desenvolvemento do PXOM, donde sobre unha superficie total de 127.000 metros cadrados van destinados 74.000 para vivendas, das que 313 son protexidas e 510 libres, ademáis amplos espazos para zonas verdes. O Concello de Vigo presentará a primeiros de 2010 as actuacións que se levan a cabo nos ámbitos de Poulo, Peteta e Macal.

O alcalde afirma que a sinatura de tres novos convenios urbanísticos "amosa o vivo que está o plan xeral" de Vigo

martes, 22 dec 2009

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Urbanismo, José Mariño, asinaron este martes tres convenios urbanísticos -en Romil, Coruxo e na curva de San Gregorio- acordes ao novo Plan Xeral de Vigo. Estas sinaturas significan que os propietarios vanse mobilizando e poñendo en marcha os seus ámbitos, asegurou o rexedor vigués, quen salientou asemade que os tres inclúen distintos espazos e zonas verdes para uso cidadá.

O concelleiro de Urbanismo asegura que o 42% da execución do PXOM para catro anos está xa en marcha en 12 meses

xoves, 19 nov 2009

José Mariño avaliou hoxe xoves o desenvolvemento do Plan Xeral, un documento que prevé a execución de 12 millóns de metros cadrados nos primeiros catro anos, e dos que, no primeiro ano en vigor, Urbanismo xa ten iniciado 5,5 millóns de metros, o 42%. O concelleiro indicou tamén que o solo iniciado contempla 600.000 metros reservados para zona verde, o que significa 120 alamedas do tamaño dun campo de fútbol.