Urbanismo
O alcalde anuncia a aprobación do Plan de Inspección Urbanística de Vigo para 2012
venres, 16 dec 2011A Xerencia de Urbanismo desta mañá deu luz verde ao Plan de Inspección Urbanística de 2012 co obxectivo de "previr e combater" as infraccións urbanísticas na cidade. Na mesma sesión, anunciou o alcalde, deuse conta da xestión de licencias de obra e de actividade cun investimento global de 619.000 euros.
O alcalde anuncia a construción dunha urbanización no Calvario que mellorará a conectividade entre San Roque e Ruiseñor
xoves, 15 dec 2011Abel Caballero visitou este xoves os traballos previos á humanización e urbanización dunha parcela do Calvario entre San Roque e Ruiseñor, unha obra que executará o Concello creando 150 vivendas a abrindo un vial rodado entre as dúas rúas e unha zona peonil, de 6.000 metros cadrados. O investimento ascende a 4,2 millóns de euros, sufragados pola propiedade, e o alcalde estimou o remate dos traballos no comezo do ano 2013.
O Concello iniciará a demolición parcial do edificio "ilegal" de Churruca a mediados de xaneiro
mércores, 14 dec 2011A concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, avanzou que o Concello iniciará a demolición parcial de parte do edificio ilegal de Churruca a mediados do próximo mes de xaneiro, cumprindo deste xeito un mandato xudicial. Así o indicou esta mañá, logo de que se reunira a mesa de contratación para valorar as ofertas das nove empresas que aspiran a executar a sentenza xudicial, na que o Concello actúa como responsable subsidiario.
Carmela Silva congratúlase de que a Xunta presente un novo proxecto de Cidade de Xustiza, adaptado ao PXOM
mércores, 23 nov 2011A primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, congratulouse este mércores de que a Xunta de Galicia presentase un novo proxecto urbanístico para a Cidade da Xustiza viguesa que si se adapta á normativa vixente, o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Silva adiantou que presentará ao goberno autonómico unha proposta pola que "Vigo non vai pagar un euro pola adquisición dos terreos" para a nova dotación xudicial viguesa.
O Concello inicia a tramitación para derrubar as naves ilegalizadas do porto deportivo de A Lagoa
venres, 18 nov 2011O alcalde, Abel Caballero, informou este venres do acordo adoptado pola Xerencia de Urbanismo -cos votos favorables do PSOE, a abstención do BNG e o voto en contra do PP- de iniciar a tramitación para dar cumprimento á "sentenza xudicial firme" do Tribunal Supremo. O goberno local executa o ditame dos xulgados de forma subsidiaria, co que trasladará á propiedade o custo do derrubo.