O alcalde anuncia a construción dunha urbanización no Calvario que mellorará a conectividade entre San Roque e Ruiseñor
Abel Caballero visitou este xoves os traballos previos á humanización e urbanización dunha parcela do Calvario entre San Roque e Ruiseñor, unha obra que executará o Concello creando 150 vivendas a abrindo un vial rodado entre as dúas rúas e unha zona peonil, de 6.000 metros cadrados. O investimento ascende a 4,2 millóns de euros, sufragados pola propiedade, e o alcalde estimou o remate dos traballos no comezo do ano 2013.
O alcalde indicou que o obxectivo é "mellorar a conectividade" entre San Roque e Ruiseñor a través, en primeiro lugar, da demolición dunha casa para posteriormente abrir un vial rodado e unha zona peonil de 6.000 metros cadrados de uso cidadá.
Abel Caballero revelou que será o Concello -mediante o chamado sistema de cooperación- o que desenvolverá e construirá a parte pública da obra, empregando os 4,2 millóns de euros de investimento da propiedade, co que terá "custo cero" para as arcas municipais.
Segundo apuntou o socialista, o primeiro paso para a construción desta urbanización de 150 vivendas será a contratación da demolición da casa, respectando a súa fachada de pedra, para posteriormente iniciar o conxunto da obra e tela rematada a comezos de 2013 aproximadamente.
Caballero valorou o inicio dos traballos desta nova humanización e urbanización do Calvario como unha "mellora importante" nunha "zona relevante" da cidade, con "custo cero" para o Concello. Eloxiou o alcalde o traballo da Xerencia de Urbanismo, que está a "dar froitos" e "avances" como esta urbanización.
Descargar todas as imaxes