Escoitar

Caballero participa na súa primeira Xunta de Goberno como vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias

O alcalde de Vigo e vicepresidente da FEMP, Abel Caballero, viaxou a Madrid para participar este mércores na Xunta de Goberno e, posteriormente, no Consello Territorial da Federación, o primeiro encontro desde órgano reitor da FEMP que reúnese con carácter ordinario cada catro meses. Trátase da primeira reunión na que Caballero actúa como vicepresidente do organismo de representación municipal.

mércores, 14 dec 2011
1323873117femp.jpg
Xunto á Xunta de Goberno da FEMP, Caballero asistiu ao primeiro encontro do Consello Territorial, órgano reitor, o de máxima autoridade entre Plenos e o marco de colaboración, coordinación e consulta entre a FEMP e as Federacións Territoriais de municipios e provincias.

O Consello Territorial está formado por 61 membros elixidos no Pleno da FEMP, aos que se suman dous representantes de cada unha das Federacións Territoriais -un deles, o Presidente de cada Federación-. O Consello Territorial reúnese, con carácter ordinario, unha vez cada catro meses.
Descargar todas as imaxes