Escoitar

Concerto, o sábado 17 de decembro, en VigoSónico

O vindeiro sábado, 17 de decembro, ás 19:00h, o espazo xuvenil VigoSónico (Estrada do Portal – Parque Tecnolóxico de Valadares) da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo acollerá o concerto dos grupos Brainwave, Os Narvais e The Riggo's.

martes, 13 dec 2011
1323782552cartelconcerto.jpg
Brainwave xorde na primavera de 2011 con todos os integrantes actuais: Paulo (voz e baixo), Denís (voz e guitarra) e Samuel (batería). As súas principais influencias son grupos como Foo Fighters, Sum 41 e Green Day.

Os Narvais naceron en outubro de 2010. Os seus integrantes son: Diego (voz), Antonio (rítmico), Pedro (solista), Elías (baixista) e Fiz (batería). Sempre decantados polo punk, seguiron con este xénero ata a actualidade, tomando como referencia principal a "Siniestro total".

The Riggo's é un grupo formado a mediados de agosto de 2011 por Miguel (guitarra, voz e baixo), Bruno (guitarra, baixo e voz), Yago (batería) e Martín (guitarra, baixo). Tocan covers de grupos de diferentes estilos, pero sempre cerca do rock e o punk.

O concerto é gratuíto e responde aos obxectivos da Concellería de Xuventude de apoiar as iniciativas musicais da mocidade da nosa cidade, aportando para elo salas de ensaio, información, formación e divulgación.

Máis información:
www.xuventudevigo.org/vigosonico
Descargar todas as imaxes