Escoitar

O alcalde avanza que os orzamentos incluirán unha partida "maior" no 2012 para o deporte de base

O alcalde de Vigo anunciou esta mañá que o deporte de base verá incrementada a súa partida nos próximos orzamentos municipais. Así o avanzou Caballero durante unha visita ao colexio público Seis do Nadal na que estivo acompañado por deportistas do Octavio, do Anfiv e do Celta Feminino.

luns, 12 dec 2011
1323699350seis.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe que os próximos orzamentos municipais, a punto de ser rematados, incrementarán a partida para o deporte de base. "Queremos facer un esforzo, incluso nesta época de crise, porque o deporte dos mozos e das mozas -incidiu- é fundamental nunha cidade e no propio proceso de formación". Na mesma liña, engadiu que o deporte de base será "prioritario", xunto coa política social.

Caballero fixo este anuncio durante a visita ao Colexio público Seis do Nadal no que tivo a oportunidade de intercambiar impresións con 15 nenos e nenas nun encontro no que estivo acompañado por deportistas do Octavio, do Anfiv e do Celta Feminino "aos que agradeceu este contacto humano".

Descargar todas as imaxes