Escoitar

Caballero anima a presenciar o Cidade de Vigo de kárate e valora as actividades deportivas de autodisciplina <br />

O pavillón de Bouzas recibe por cuarta oportunidade nos últimos cinco anos o Trofeo Cidade de Vigo de kárate, baixo a organización da Asociación Deportiva Zanshin. Será este sábado a partires das 17:00 horas cando uns 60 karatecas pelexarán dende categoría cadete a senior, pasando por xuvenil, junior e sub 21. Este ano, o torneo reúne ao club local, que presenta dous equipos, ao Bunkai Sport Ferrol e ao Club Shotokan Santander.<br />

venres, 9 dec 2011
1323439812karate.jpg
O alcalde da cidade, Abel Caballero, destacou do evento que "pertence a unha actividade deportiva que contribúe moito á autodisciplina," polo que manifestou o seu interese e o do Concello por "promocionalo", aplaudindo tamén que "enganche a mozas e mozos novos".

Para o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o campionato é "de relevancia" porque é "un gran evento" que non falla dende o ano 2000, e agradeceu que o rexedor "se interese tanto polo mundo do deporte".

Nun tatami central disputaranse todas as competicións (kata, por eliminatorias, e kumite, mediante liguiña), figurando entre os favoritos locais Raquel Ordóñez (senior), Sheila Álvarez (sub 21) e Javier Rey (sub 21). Este ano non se disputa a modalidade de kobudo porque a organización non atopou os rivais adecuados de calidade que pretendía. De todos os xeitos, "en kata e kumite hai moito nivel, que é do que se trata", explicou Fernando Álvarez, presidente do Zanshin.
Descargar todas as imaxes