luns, 5 dec 2011
O alcalde de Vigo reuníuse este luns co novo xerente da Fundación ProVigo, José Manuel García Orois, quen defendeu "dar impulso" á entidade definindo os "temas de gran consenso" en Vigo nos que volcar a súa actividade. Orois transmitiu a Caballero que prácticamente todos os membros de ProVigo avogan por manter a actividade estratéxica da Fundación, que celebrará a reunión do seu Padroado o día 20 deste mes.<br />
luns, 5 dec 2011
La Fiesta Escénica volverá a traer a Vigo un dos "mellores espectáculos" circenses do mundo a partir del próximo día 16. O paseo de Samil será o espazo no que centos de artistas den vida a "Galtuk", con 31 funcións durante 20 días. Así o explicou hoxe o alcalde nunha rolda de prensa na que, acompañado por parte dos artistas, animou a todos os vigueses a disfrutar do espectáculo.
luns, 5 dec 2011
A Concellería de Xuventude abre o prazo de inscrición para participar no Campamento de Nadal os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, e 2, 3, 4, 5 de xaneiro con fin de conciliar a vida laboral e familiar, traballando a interculturalidade cos nenos e nenas, a través das tradicións de Nadal en diferentes países do mundo.
luns, 5 dec 2011
Un mar de mulleres é un proxecto de divulgación que tenta trasladar a situación da muller no ámbito laboral do mar nas costas da Ría de Aldán, Ría de Vigo e Baixo Miño, e que se pode ver no Punto Xove do 5 ao 23 de decembro do 2011.
luns, 5 dec 2011
A Concellería de Cultura e Festas colabora coa productora Músicas do Sul no concerto que ofrecerá Isga Collective no Auditorio Municipal o próximo mércores 7 de decembro ás 21.00 horas. O acceso é gratuíto ata completar aforamento; ás invitacións pódense recoller no despacho de billetes 60 minutos antes.<br />
<br />