"Un mar de mulleres" exposición no Punto Xove
Un mar de mulleres é un proxecto de divulgación que tenta trasladar a situación da muller no ámbito laboral do mar nas costas da Ría de Aldán, Ría de Vigo e Baixo Miño, e que se pode ver no Punto Xove do 5 ao 23 de decembro do 2011.
"O mundo do mar foi sempre un ámbito de homes de mans salgadas, fortes e capaces de sacar adiante unha flota enteira dende as regalas ata as mesas dos postos directivos. Sempre foi así e aínda é así. A muller, capaz de sacar adiante a familia e a casa enteira, atender as leiras, vender o peixe e levar as contas, contra vento e marea, tiña vetada a cuberta por non se sabe que estrañas supersticións.
Sen embargo, hoxe en día, nun mundo en que por fin a capacidade e a valentía da muller comeza ser recoñecida, a realidade é outra. Son mulleres as que nestes novos tempos son quen de plantarlle cara aos diferentes oficios do mar, eses que o home sempre desenvolveu, para compaxinalos cos labores familiares. Lévano no sangue.
Un mar de mulleres é un proxecto de divulgación que tenta trasladar a situación da muller no ámbito laboral do mar nas costas da Ría de Aldán, Ría de Vigo e Baixo Miño, ámbito do GAC 7.
Este proxecto quere dar a coñecer os diversos oficios que elas realizan a pé de mar, dende as cubertas das embarcacións e as rochas percebeiras, ata a unión nas asociacións e os despachos dirixentes, dalgunha maneira, visualizar que cada día avanza nas nosas costas un Mar de Mulleres que impulsa a pervivencia e continuidade do sector produtivo mariño"
Datas: do 5 ao 23 de decembro do 2011
Ademáis proxección o xoves 15 de decembro ás 19:00hs.
Descargar todas as imaxes