venres, 9 decembro 2011

O alcalde revela que o voo a Londres custará un tercio menos e incluirá a conectividade con British Airways

Abel Caballero explicou que o goberno local e Vueling están preto de asinar o acordo para establecer a ruta con Heathrow de marzo a outubro de 2012, un convenio que custará 450.000 euros -polos 657.000 euros de 2011- e incluirá conectividade con British Airways. Ademais, o alcalde desvelou que o Concello dará todas as facilidades para a instalación en Vigo da baixo custo de Iberia, sen aportacións económicas.

O Concello adica 87.000 euros ao novo sistema de radiocomunicacións da Policía Local

venres, 9 dec 2011

O alcalde de Vigo informou hoxe venres desta iniciativa, tras validar o goberno local a clasificación de ofertas para prestar este servizo. Trátase dun sistema de voz e datos que inclúe o aluguer das infraestruturas, un máximo de 255 equipos e o mantemento, que en casos graves será nun tempo menor á hora. Por outra banda, Caballero informou da concesión de 23 licenzas urbanísticas por valor de 350.000 euros na reunión da Xerencia celebrada esta mañá.

Caballero anima a presenciar o Cidade de Vigo de kárate e valora as actividades deportivas de autodisciplina <br />

venres, 9 dec 2011

O pavillón de Bouzas recibe por cuarta oportunidade nos últimos cinco anos o Trofeo Cidade de Vigo de kárate, baixo a organización da Asociación Deportiva Zanshin. Será este sábado a partires das 17:00 horas cando uns 60 karatecas pelexarán dende categoría cadete a senior, pasando por xuvenil, junior e sub 21. Este ano, o torneo reúne ao club local, que presenta dous equipos, ao Bunkai Sport Ferrol e ao Club Shotokan Santander.<br />