O rexedor encarga á Sociedade Filarmónica que atenda as demandas de música clásica e lírica da cidade
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo hoxe xoves unha reunión co presidente da Sociedade Filarmónica de Vigo, Avelino Sanluis, na que o rexedor se comprometeu a asinar un convenio de colaboración cunha "organización de desenvolvemento cultural moi arraigada en Vigo".
Abel Caballero comprometeuse hoxe xoves a asinar un convenio coa Sociedade Filarmónica de Vigo porque "precisamos que unha institución cultural como esta se faga cargo das demandas de música clásica e lírica da cidade". Logo de manter un encontro co responsable da entidade, Avelino Sanluis, quen tamén é responsable de protocolo do Concello, o rexedor loubou a actividade da Filarmónica, "moi arraigada na cidade".
Por outra banda, Caballero pediulle a Sanluis que averigüe quen subvenciona as orquestras Sinfónica de Galicia e Filarmónica de Galicia, de A Coruña e Santiago, respectivamente, porque "é importante que saibamos desde Vigo como se financian estas organizacións culturais noutras cidades".
Descargar todas as imaxes