Escoitar

O alcalde insta aos alumnos que participaron no Pleno Infantil aportar "periodicamente" a súas propostas para dirixir a cidade

Abel Caballero solicitou na mañá de hoxe xoves aos alumnos de 6º de primaria que participaron no Pleno Infantil que de "xeito periódico", incluso cada tres meses, faciliten ao Pleno do Concello as súas propostas para dirixir a cidade aos efectos de que os grupos as poidan ter en conta. Logo de darlle a benvida en nome de toda a Corporación aos 90 alumnos, o rexedor desexoulles "un bo e fructífero" debate sobre propostas para saír da crise.

xoves, 15 dec 2011
1323953009pleno.jpg
Noventa alumnos de 6º de Primaria de tres colexios públicos de Vigo ocuparon hoxe os asentos dos corporativos do Concello de Vigo na que foi a décimo terceira edición do Pleno Infantil. Abel Caballero, quen recibiu no Salón de Plenos aos novos corporativos trasladándolles a "satisfacción de toda a Corporación", desexoulles un "bo e fructífero" debate, ademais de instarlles a que dentro de tres meses "volvan para presentar ao Pleno as súas propostas para dirixir a cidade". O rexedor animounos a facilitar "información periódica ao Pleno" para "que os tres grupos poidamos debater e aprobar, no seu caso, as propostas coas que pensan mellorar o Goberno".

Durante esta sesión plenaria infantil, adicada á crise, os nenos e nenas reflexionaron e fixeron propostas sobre que pode facer cada uno deles para mellorar a situación económica. Este ano os alumnos que participaron nesta iniciativa cursan os seus estudos no CEIP Emilia Pardo Bazán; CEIP Ramón y Cajal; e CEIP Teis-Frián.
Descargar todas as imaxes