Abel Caballero anuncia que os usuarios da PassVigo pagarán 13 céntimos menos no bus urbano a partir do 1 de xaneiro

venres, 30 dec 2022

Os usuarios da PassVigo pasarán de pagar 62 céntimos a 49 a partir do 1 de xaneiro de 2023. A Xunta de Goberno aprobou os novos descontos para todas as persoas que teñan a tarxeta que “está dispoñible para toda a cidadanía e é gratis”. O alcalde cifrou en máis de 40.000 persoas os pensionistas coa PassVigo que viaxan de balde.

Abel Caballero participa no Observatorio da Mobilidade organizado polo Español

mércores, 16 nov 2022

O alcalde e presidente da FEMP deu conta sobre as cuestións de mobilidade que están a transformar os municipios. Abel Caballero participou no III Simposio do Observatorio da Mobilidade e as Cidades organiza polo dixital O Español, no que puxo de manifesto os cambios nesta materia, como a aparición das bicicletas eléctricas ou os VMP. "Hai que establecer a sostibilidade no transporte das cidades", expresou no foro. Para Caballero "as Zonas de Baixas Emisións van ser un avance moi importante na calidade de vida das cidades".

Javier Pardo sinala que unha sentenza avala a prórroga do contrato da auga de Vigo

mércores, 7 set 2022

Durante a súa intervención no Pleno Municipal celebrado este mércores, referiuse á recente sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso- Administrativo nº2 de Vigo que inadmite o recurso presentado por unha empresa contra o acordo municipal de prorrogar o contrato de concesión da xestión integral do servizo da auga.