Pleno da Corporación
As ordenanzas para 2013 manteñen a Vigo como a cidade galega con menor presión fiscal
luns, 17 dec 2012A Corporación aprobou este luns as ordenanzas fiscais para 2013 cos votos do PSOE e o BNG e a oposición do PP. A concelleira de Economía e Facenda explicou que o Concello aplica un 2,1% de IPC, conxela as taxas das escolas infantís, asistencia domiciliaria, auga e autobús, e mantén as exencións e bonificacións existentes ata agora.
O goberno local proxecta un complexo deportivo en Navia con ximnasios e piscina
luns, 26 nov 2012O Pleno da Corporación Municipal acordou este luns a xestión indirecta do servizo público do novo complexo deportivo de Navia, que integrará un centro de auga con piscina, ximnasios, zonas deportivas exteriores e aparcamento. Coa aprobación plenaria, o Concello comezará a redacción dos proxectos.
El gobierno local proyecta un complejo deportivo en Navia con gimnasios y piscina
luns, 26 nov 2012El Pleno de la Corporación Municipal acordó este lunes la gestión indirecta del servicio público del nuevo complejo deportivo de Navia, que integrará un centro de agua con piscina, gimnasios, zonas deportivas exteriores y aparcamento. Con la aprobación plenaria, el Ayuntamiento comenzará la redacción de los proyectos.
Rivas cifra no 90% os expedientes resoltos en 2011 pola Comisión de Suxestións e Reclamacións
luns, 26 nov 2012O edil socialista, presidente desta Comisión sobre o funcionamento da administración local, recordou este luns que en 2007 se resolveron un 54%. O Valedor do Cidadá, Luis España, expuxo no Pleno o seu informe de 2011, ano no que os expedientes pechados superaron por primeira vez aos abertos.
O Concello rexeita a supresión da paga de Nadal aos funcionarios municipais
luns, 26 nov 2012O acordo de "indispoñibilidade de créditos no capítulo I" para a paga extra levouse a Pleno "por imperativo legal", explicou o alcalde; socialistas e nacionalistas rexeitaron a medida cos seus votos. Caballero avanzou "reuniones" para "devolver" o poder adquisitivo perdido polos traballadores públicos do Concello.
O Pleno insta á Xunta e á Deputación a manter o servizo de teleasistencia para maiores
luns, 26 nov 2012Os votos de socialistas e nacionalistas deron luz verde a unha moción que rexeita a retirada do servizo de teleasistencia para os maiores. O Pleno tamén esixiu ao Goberno Central e Autonómico a dar marcha atrás aos recortes en materia educativa.
A Corporación da luz verde ao inicio dun plan de conservación e recuperación da Fortaleza do Castro
luns, 26 nov 2012O Pleno aprobou por unanimidade unha moción do PP na que insta ao Concello de Vigo a iniciar un plan director para o monte do Castro, que inclúa a conservación e recuperación da Fortaleza de O Castro.
Nacionalistas e socialistas solicitan á Xunta e Deputación inversións en emprego para complementar o Plan de Emprego Municipal
luns, 26 nov 2012Na sesión plenaria desta mañá aprobouse unha moción do BNG que insta á Xunta e á Deputación a incluir nos seus respectivos orzamentos partidas que igualen a contía que adicou o Concello de Vigo este ano. O texto contou co apoio do PSOE e o voto en contra do PP.