Escoitar

Pleno da Corporación

venres, 26 abr 2013


PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 5


CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día VINTE E NOVE de ABRIL de 2013, ás 9,00 HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


PARTE RESOLUTIVA
1.- Actas anteriores: sesión ordinaria do 25 de febreiro de 2013.


.- Intervención perante o Pleno da Corporación dun representante da Plataforma de Afectados polas Preferentes e Subordinadas Vigo-Val Miñor. Expte. 645/1101.


2.- Declaracións institucionais.


3.- Ditames das comisións informativas:

XESTIÓN MUNICIPAL E MOBILIDADE
3.1.Dar conta do acordo da Xunta Reitora do Instituto Municipal dos Deportes, de adhesión de dito organismo autónomo ao Regulamento reitor do Fondo de Acción Social do Concello de Vigo. Expte. 1309/11 (635/1101).

ECONOMÍA, FACENDA E EDUCACIÓN
3.2.Dar conta do informe do estado de execución de gastos e ingresos do orzamento correspondente ao primeiro trimestre do 2013. Expte. 102154/140.

3.3.Proposta referente á rectificación no Inventario Municipal de Bens e Dereitos, dando de baixa o camiño Castañal R-1. Expte. 18947/240 (636/1101).

3.4.Proposta referente á rectificación no Inventario Municipal de Bens e Dereitos, dando de baixa a rúa Cruz R-2 (Bembrive). Expte. 18735/240 (637/1101).

3.5.Proposta da non acreditación da titularidade municipal no expediente de investigación referente aos viais travesía da Horta; rúa Pino interior; rúa Navarra (interior e continuación). Expte. 19160/240 (638/1101).

URBANISMO
3.6.Aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licencias urbanísticas e outras formas de intervención administrativa no Concello de Vigo. Expte. 1021/400 (631/1101).

3.7.Aprobación do cambio do uso dotacional previsto para a parcela do parque central de Bombeiros na rúa Angel de Lema y Marina núm. 46, Teis. Expte. 14085/411 (632/1101).


4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.

5.- Mocións:

5.1.- Moción do grupo municipal do BNG, instando á Xunta de Galicia a eliminación de tódalas subvencións ás terminais de Lavacolla e Alvedro e a elaboración dun Plan estratéxico de coordinación, especialización e conexión das tres terminais aeroportuarias galegas. Expte. 646/1101.

5.2.- Moción do grupo municipal do Partido Socialista, instando á Deputación e á Xunta de Galicia a implementar axudas ao Aeroporto e apoio para a captación de voos regulares e como terminal de carga, dado o tecido industrial de Vigo. Expte. 642/1101.

5.3.- Moción do grupo municipal do Partido Socialista, instando á Deputación de Pontevedra a disposición, a través dun convenio, dos 25 millóns de euros, referidos polo seu vicepresidente, para proxectos deportivos en Vigo. Expte. 643/1101.

5.4.- Moción do grupo municipal do Partido Socialista, instando á Xunta de Galicia que facilite unha interlocución directa que nos permita coñecer o número de dependentes na cidade, así como a igualdade de trato e proporcionalidade cara o Concello nas aportacións da Xunta o Plan concertado en relación ó resto dos concellos de Galicia. Expte. 644/1101.


6.- Asuntos ou mocións urxentes.


PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.


2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.


4.- Mocións.


4.1.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao Goberno municipal a redacción dun novo Anteproxecto de explotación para o novo Centro deportivo municipal de Navia máis ambicioso e adecuado ás necesidades reais. Expte. 639/1101.

4.2.- Moción do grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal á presentación dun plan de aproveitamento do bus eléctrico. Expte. 640/1101.

4.3.- Moción do grupo municipal do Partido Popular instando á concellería de Fomento a elaborar un Plan de asfaltado e mantemento das rúas. Expte. 641/1101.


4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.


5.- Formulación de rogos.

6.- Formulación de preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás 9,00 HORAS do día VINTE E NOVE DE ABRIL, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.


Vigo, 25 de abril de 2013
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,




Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.