Escoitar

Semana de Música de Cámara

A Concellería de Cultura e Festas e mailo Conservatorio Superior de Música de Vigo (CMUS), seguindo coa liña de colaboración iniciada hai dous anos, organizan a Semana de Música de Cámara, que terá lugar entre o 29 de abril e o 3 de maio.

venres, 26 abr 2013
1366967549carama.jpg
Os concertos correrán a cargo de alomnado do CMUS, ás 20,00 horas, no Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei, 1) o 30 de abril e 2 de maio, e no auditorio "Martín Códax" (R/ Manuel Olivié, 23) o 29 de abril e 3 de maio, con entrada libre até completar aforamento.

No primeiro concerto, luns 29, poderemos gozar dun dúo de violín e piano, de frauta e piano e de violín e piano; no domartes 30, contaremos coa actuación dun dúo de guitarras e un cuarteto de frautas, e no do 2 de maio co grupo Inflexion4. Por último, o venres 3, teremos dobre sesión: ás 12,30h cun conxunto folk, un trío de canas e un quinteto de vento madeira, é ás 20,00h un grupo de percusión.
Descargar todas as imaxes