O Concello realiza de xeito subsidiario as obras de urbanización de 250 vivendas en Castrelos
O goberno local asumirá subsidiariamante as obras de urbanización pendentes do Plan Parcial de O Pombal (Castrelos) para que 250 vivendas poidan contar con servizos públicos. O Concello realizará as obras necesarias para que os espazos poidan ser recepcionados polo Concello e despois repercutirá o custo dos traballos na Xunta de Compesación da urbanización.
Un total de 250 vivendas duna urbanización de Castrelos carecían de alumeado porque a promotora non realizou as obras de urbanización pertinentes nos espazos públicos para que poideran ser recepcionados polo Concello. Para poder darlle solución a este problema, o goberno local optou por rematar os traballos e repercutir, a continuación, o custo na Xunta de Compensación da urbanización. Deste xeito, tal e como explicou o rexedor, ao Concello estas obras, valoradas en 50.000 euros, non lle terán custo algún.
Outra das decisión que se tomou na Xerencia de Urbanismo desta mañá foi a ocupación directa dunha parcela en Enrique Lorenzo para trazar unha beirarrúa máis recta no único tramo pendente de traballos de mellora. Deste xeito, explicou o rexedor, esta rúa quedará perfectamente humanizada. Asimesmo, apuntou que se concederon 19 licenzas de obras e 2 de actividade para un investimento de 256.571 euros.