Escoitar
Urbanismo

Aprobación inicial da modificación puntual nº 8 do PXOM, clasificación da parcela núm. 1 u.a. Moledo e sector s-26-r Pescadeira, Sárdoma (expte. 13717/411)

venres, 26 abr 2013
O Pleno do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do día 25 de marzo de 2013, adoptou o seguinte acordo:

"PRIMEIRO: Aprobar inicialmente a «Modificación Puntual nº 8 do PXOM, clasificación da parcela nº 1 U.A. Moledo e Sector S-26-R Pescadieria (Sárdoma)» (V.1 Documento para aprobación inicial), formulada polos servizos técnico-xurídicos da Xerencia Municipal de Urbanismo en agosto de 2012, en cumprimento da resolución da Concelleira Delegada de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos en data 10.04.2012, ditada para executar a STSXG nº. 585/2012 do 16.06.2011.

SEGUNDO: Abrir un trámite de información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no DOGA e en dous dos periódicos de maior difusión da provincia. Simultáneamente e durante o mesmo prazo, se dará audiencia aos Concellos limítrofes.

TERCEIRO: Aos efectos do artigo 77.2 da LOUGA, determinar expresamente que o ámbito afectado pola suspensión de licenzas correspóndese coas parcelas catastrais 4435902NG2743N, 4435901NG2743N e 4435904NG2743N, así como os terreos comprendidos no sector «S-26-R Pescadeira», se ben poderán concederse aquelas licenzas baseadas no réxime vixente que respecten as determinacións do novo planeamento, en atención ao disposto no artigo 120.1 do RPU.

CUARTO: Ordear a publicación do presente acordo, así como da documentación técnica conformante da modificación puntual inicialmente aprobada, na web do Concello de Vigo.

QUINTO: Dar traslado do presente acordo á Asesoría Xurídica para o seu coñcemento e efectos oportunos."

Durante o período de exposición pública, o expediente atoparase a disposición do público en xeral, na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), así como no departamento municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo – Praza do Rei, s/n), de luns a venres, en horario de 9,00 a 13,30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións estimen convenientes.