Escoitar

PSOE e BNG esixen proporcionalidade nas achegas da Xunta de Galicia al Plan Concertado

Socialistas e nacionalistas esixiron hoxe á Xunta de Galicia que os fondos do Plan Concertado sexan aportados proporcionalmente. A concelleira Isaura Abelairas defendeu un texto, que contou co voto contrario do PP, no que socilita coñecer o número de dependentes existentes na cidade de Vigo.

luns, 29 abr 2013
Co obxectivo de reclamar unha interlocución directa coa administración autonómica que permita coñecer o número de dependentes que hai na cidade, socialistas e nacionalistas uniron os seus votos na sesión plenaria de hoxe, para dar luz verde a unha moción na que tamén se reclama igualdade de trato e proporcionalidade nas aportacións autonómicas ao Plan Concertado. O texto defendido pola concelleira socialista, que contou co voto en contra do PP, esixe unha explicación motivada do reparto efectuado aos diferentes concellos de Galicia eos criterios utilizados para estas asignacións.

Outra das mocións socialistas que se aprobou hoxe luns foi a defendida polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, instando á Deputación de Pontevedra a poñer a disposición do goberno local 25 millóns de euros que o vicepresidente do ente provincial asegurou que ian ser investidos. O texto socialista, que saíu adiante cos votos a favor do BNG e a oposición do PP, aboga pola elaboración dun convenio de colaboración para poder desenvolver os proxectos de mellora da infraestrutura deportiva que decida o goberno desta cidade.