Pleno da Corporación
O Pleno insta á Xunta a impulsar o Campus do Mar cedendo os edificios á Universidade
mércores, 29 mar 2017A moción socialista, defendida pola concelleira de Urbanismo, foi aprobada coa abstención do PP e de Marea de Vigo. María José Caride considera unha "chapuza" que a Xunta de Galicia, titular dos edificios e coa obriga de facelo, se negue a cedelos á Universidade e inste a Zona Franca a comprarllos para despois cederllos esta á institución académica.
Vigo é a cidade galega coa presión fiscal máis baixa
mércores, 29 mar 2017O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, expuxo no Pleno o marco orzamentario enviado ao Ministerio de Facenda coa previsión de ingresos e gastos do exercicio 2017. Tamén deu conta da Memoria do Tribunal Económico-Administrativo de 2016 que experimentou un leve crecemento na actividade respecto ao ano anterior.
A Corporación demanda á Xunta que recupere o Rebullón para uso sociosanitario
mércores, 29 mar 2017A unanimidade do Pleno deu luz verde á moción na que Marea de Vigo demanda o uso do edificio tendo en conta as carencias de servizos públicos neste eido en Vigo e na comarca. Ademais, quedou aprobada a moción popular que insta ao goberno local a concretar as condicións da concesión administrativa do Estadio de Balaídos ao Celta.
O Pleno demanda que Xunta e Zona Franca participen na remodelación de Balaídos
luns, 13 mar 2017A proposta da Alcaldía require do goberno autonómico que financie a renovación do estadio ao mesmo nivel que Concello e Deputación, ao tempo que reclama á Zona Franca que convenie co goberno vigués a construción dun aparcadoiro en Balaídos.
A Corporación insta ao Goberno a modificar o teito de gasto para que os concellos poidan investir o superávit
mércores, 22 feb 2017A moción de Marea de Vigo saíu adiante cunha emenda de substitución do PSOE demandando ao Goberno español un Decreto-lei para cambiar o actual equilibrio orzamentario e do teito de gasto, de maneira que os municipios poidan destinar o superávit ás súas competencias.
O Concello personase ante o recurso da Xunta contra a Area Metropolitana de Vigo
mércores, 22 feb 2017A Corporación de Vigo posicionouse este mércores a favor do personamento, co respaldo do PSOE e da Marea, e a abstención do PP. O voceiro socialista, Carlos L. Font, denunciou a utilización "perversa" dos xulgados por parte do goberno autonómico e recordou que apoian a Área municipios de cinco cores políticas distintas que representan ao 84% da poboación metropolitana.
Vigo, o concello de España que antes paga aos seus provedores
mércores, 22 feb 2017O edil de Facenda, Jaime Aneiros, presentou este mércores os datos correspondentes ao último trimestre do pasado ano, no que se efectuaron case 6.000 pagos por importe de 39,5 millóns. Con quince días desde a recepción dos bens ou servizos, o Concello de Vigo está á cabeza das cidades españolas, resultado da "boa xestión" do goberno vigués.
O Pleno solicita á Xunta incrementar as partidas para Vigo nos orzamentos de 2017<br />
mércores, 22 feb 2017A Corporación de Vigo reclama á Xunta que incremente as partidas adicadas a Vigo nos orzamentos de 2017, a través dunha moción presentada polo PSOE. Na sesión plenaria deste mércores tamén se aprobou pedirlle a Feijó que responda por un "tuit" de mofa de Rueda tras a derrota do Celta.