Pleno da Corporación
O goberno destaca a "eficaz" aplicación do Plan de Emerxencia Municipal durante os incendios
mércores, 22 nov 2017O Pleno Extraordinario deste mércores acolleu a comparecencia do goberno vigués explicando a acción desenvolvida durante os incendios dos días 15 e 16 de outubro ao longo de 16 horas nas que se rexistraron 93 lumes provocados.
O Pleno reclama un Pacto de Estado sobre política forestal e de emerxencias
mércores, 25 out 2017A Corporación viguesa aprobou este mércores unha moción, impulsada polo grupo de goberno e co apoio de En Marea, instando aos gobernos autonómico e central a abrir unha mesa de traballo que conduza ao Pacto de Estado. Outra das iniciativas aprobadas esta mañá foi solicitar á Xunta á apertura inmediata e gratuíta do aparcamento do hospital Álvaro Cunqueiro.
En Marea e PSOE reclaman a derrogación da Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais
mércores, 25 out 2017Os grupos de En Marea e do PSOE uniron esta mañá os seus votos para reclamar ao Parlamento Galego a anulación da Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais. A instancias da formación morada, o texto solicita a planificación, programación de alternativas políticas e económicas sustentables.
O Pleno esixe do Goberno de España máis voos do Imserso desde Vigo
mércores, 27 set 2017A moción presentada polo goberno vigués obtivo o respaldo de todos os grupos políticos no Pleno deste mércores. A Corporación reclama do Ministerio de Servizos Sociais máis voos desde Vigo, pois dous de cada tres viaxes aos que opta a poboación viguesa se operan desde Santiago.
O Concello demanda á Xunta que garanta as condicións de seguridade e saúde no colexio Rodríguez Castelao de Navia
mércores, 27 set 2017A moción do grupo do goberno de Vigo foi apoiada pola Marea, coa abstención do PP, e insta á Xunta de Galicia a que tome as medidas necesarias para garantir as condicións de seguridade e saúde do alumnado e persoal do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao, actualmente en obras. <br />
A Corporación insta a Concello e Xunta de Galicia a reforzar o autobús ao Cunqueiro
mércores, 27 set 2017O Pleno aprobou este mércores unha moción presentada polo PP instando ao goberno de Vigo a reforzar o transporte urbano ao hospital Álvaro Cunqueiro, texto ampliado a iniciativa da Marea demandando da Xunta un transporte interurbano que facilite o desprazamento dos traballadores ao complexo hospitalario.