O Pleno aproba unha modificación orzamentaria de 1,1 millóns para promover a cidade a través das festas de Vigo
O grupo do Goberno aprobou un transvase de créditos para o financiamento das festas do verán e de festivais internacionais como O Marisquiño. Esta modificación orzamentaria -de 1,1 millóns – terá un importante retorno económico para a cidade e a súa área de influencia, segundo explicou o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros.
A Corporación deu luz verde a unha modificación orzamentaria de 1,1 millóns de euros para a promoción económica da cidade a través das festas do verán e de festivais internacionais como O Marisquiño. Os votos do grupo do goberno aprobaron o transvase de créditos para o financiamento de concertos en Castrelos que permitirán incluír á cidade nos grandes circuítos internacionais da música o que favorecerá aos actores económicos da cidade: atracción de visitantes, promoción de emprego e posicionamento de Vigo.
O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, defendeu unha modificación que se fai con recursos propios, porque a Xunta inviste "tres millóns de euros nas festas de Santiago e cero euros nas de Vigo" e sen detraer financiamento doutras partidas. Estes fondos proceden do contrato de patrocinio asinado con Ryanair, que debido ao seu abandono da prestación de servizos do aeroporto de Vigo non se utilizou e aos 100.000 euros previstos para a promoción de emprego de Conxemar, unha vez que esta entidade renunciara a esta axuda.
Na súa intervención o edil socialista lembrou que Vigo segue a ser a cidade coa maior política social de España, con 52 millóns de gasto; tamén aludiu aos 130 millóns que se invisten nos servizos públicos, cos que está satisfeito o 70% da poboación, segundo a OCU. Rematou reiterando o retorno económico que suporán as festas para as empresas, os autónomos e en xeral para o conxunto da cidadanía.
O grupo municipal do PP abstívose na votación desta modificación de crédito por entender que tería que ser aprobada na anterior lexislatura, mentres que os dous concelleiros do Grupo Mixto e o edil non adscrito, Xabier Pérez Igrexas votaron en contra
Organización
Minutos antes tivo lugar un pleno extraordinario constitutivo no que se acordou que as sesións da corporación municipal segan a celebrarse nos últimos mércores de cada mes, como se veu facendo nos últimos anos. Esta cuestión contou co apoio dos socialistas, a abstención do Grupo Mixto e do concelleiro non adscrito, así como cos votos en contra do Partido Popular.
Nesta mesma sesión, constituíronse os grupos municipais Socialista, Popular e Mixto (no que se integran os dous concelleiros de Marea de Vigo-Son en Común) ademais de designar ao concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas como non adscrito.
Descargar todas as imaxes