Escoitar

O Concello abre o mércores o prazo para solicitar as axudas de libros e comedor escolar<br />

Desde o 3 de xullo ata o 31 de xullo, os interesados poden optar ás bolsas de libros e comedor escolar do Concello de Vigo, segundo informou este luns Abel Caballero. O alcalde recordou que non existe lista de agarda na convocatoria e que a partida económica total, de dous millóns de euros, será ampliada de ser necesario. <br />

luns, 1 xul 2019
O goberno de Vigo abre este mércores, e ata o 31 de xullo, o prazo para solicitar as axudas de libros e comedor escolar, con opción de pedir cita previa no propio Concello, a través da web municipal ou do teléfono gratuíto 010.

Así o trasladou este luns en rolda de prensa Abel Caballero, quen recordou que o importe desta convocatoria ascende a 1.205.000 euros, que se complementan cos máis de 600.000 que o goberno vigués concede ao efecto a través de FOANPAS. A partida económica pode ser ampliada en 120.000 euros máis sen necesidade de nova convocatoria e co obxecto de cubrir toda a demanda, tal e como aconteceu en cursos pasados, onde o importe total ascendeu a dous millóns de euros.

O alcalde garantiu que, un ano máis, ningunha familia que cumpra cos requisitos quedará sen a súa bolsa de libros e comedor escolar, pois o orzamento será incrementado no que sexa preciso, e recordou que, á súa chegada á Alcaldía, existía un terzo das solicitudes actuais e había lista de agarda.