martes, 2 xul 2019
O goberno de Vigo inicia esta semana as representacións da vida romana en Toralla, na finca Mirambel. Segundo informou Abel Caballero, serán os xoves 4, 11 e 18 de xullo e o 1 e 22 de agosto, con acceso gratuíto. Ademais, a rehabilitada finca Solita acolle os venres concertos e actividades de música e teatro para os pequenos.
martes, 2 xul 2019
O festival, organizado pola Cooperativa de Armadores ARVI, celébrase do 4 ao 7 de xullo. Segundo explicou Caballero, ademais dunha parte lúdico festiva, este evento "ten un importante labor na promoción do consumo saudable de peixe".
martes, 2 xul 2019
Abel Caballero entregará mañá ao Rei de España a Chave de Ouro do Municipalismo durante o acto conmemorativo do 40 aniversario das primeiras eleccións municipais en democracia. Esta será a primeira ocasión que Felipe VI visite as instalacións da Federación de Municipios e Provincias.
martes, 2 xul 2019
O alcalde informou da celebración deste concerto "de gran nivel" que subirá ao escenario na Avenida de Castelao, en Coia, a Ana Mena, Alfred García ou Mon Band, entre outros.