Concello e Deputación de Pontevedra apoian con 155.000 euros o Vigo Seafest
O festival, organizado pola Cooperativa de Armadores ARVI, celébrase do 4 ao 7 de xullo. Segundo explicou Caballero, ademais dunha parte lúdico festiva, este evento "ten un importante labor na promoción do consumo saudable de peixe".
                    
            O alcalde e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, asinaron esta mañá un convenio con ARVI para a celebración do Festival Vigo Seafest, que terá lugar do xoves ao domingo. A Deputación dedica ao evento 50.000 euros, mentres que o Concello achega 105.000, polo que conxuntamente apoian o festival con 155.000 euros.
Caballero destacou que o Vigo SeaFest, ademais da parte lúdico festiva, "ten un importante labor na promoción do consumo saudable de peixe e reafirma a Vigo como o primeiro porto do mundo de pesca para consumo humano".
        
                Descargar todas as imaxes