Vigo aproba para 2019 un Orzamento "histórico", o seu duodécimo consecutivo
O Pleno Municipal do mes de decembro deu o visto e prace definitivo ao Orzamento de 2019, o seu duodécimo consecutivo. "É un feito de alcance histórico, non pasara nunca e demostra a estabilidade", destacou o alcalde.
"É un feito de alcance histórico, é a duodécima vez consecutiva que se aproban os orzamentos na cidade de Vigo, non pasara nunca, o que demostra a estabilidade". O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou este mércores a boa marcha da cidade despois de que o Pleno Municipal aprobara de forma definitiva as partidas económicas para o vindeiro exercicio.
O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, foi o encargado de defender o documento de presupostos para o 2019. "Somos a primeira cidade de Galicia, unha cidade tractora das políticas sociais, económicas e activas de emprego, paliamos a non inversión da Xunta en políticas de benestar, de educación ou de deportes", explicou o edil socialista.
Aneiros tamén sinalou que se trata duns orzamentos "redistributivos" cuns beneficios fiscais que superan os oito millóns de euros. "Máis de 3.700 familias benefícianse de bonificacións fiscais e estamos ante un orzamento inversor de máis de 30 millóns de euros para transformar toda a cidade", incidiu.
Tanto a Marea de Vigo como o PP votaron en contra da aprobación definitiva do Orzamento de 2019 e argumentaron que todas as súas alegacións foran rechazadas polo goberno local.
Reitorado e Precisgal
Ademais, durante a sesión plenaria tamén foi aprobada a venta do edificio do Reitorado de Areal ao Consorcio da Zona Franca de Vigo, así coma o ampliación dos terreos da empresa Precisgal, subministradora dar firma Rolls Royce, na Subida ao Alba.