O Concello insta á Xunta a rebaixar un 50% a peaxe da AG-57
A moción socialista defende que con este desconto se favorece un maior emprego desa autoestrada e a mellora da seguridade viaria así como o desconxestionamento doutras vías.
O Pleno Municipal celebrado este mércores deu luz verde á moción do grupo socialista, co apoio de Marea de Vigo e a abstención do PP, instando á Xunta de Galicia a rebaixar nun 50% os importes da peaxe da autoestrada AG-57 entre Vigo e Baiona, que permita un maior uso da vía, a mellora da seguridade viaria e o desconxestionamento doutras estradas hoxe saturadas de tráfico.
A concelleira socialista María Xosé Caride expuxo que o prezo das peaxes limita o uso deste tramo de importante conexión entre Vigo e os municipios da contorna e tamén de acceso á cidade desde localidades dos arredores, sendo un reclamo da cidadanía e das empresas a baixada do prezo que lle corresponde ao Goberno autonómico por ser da súa competencia.
Rubén Pérez de Marea de Vigo amosou o seu acordo coa eliminación de todas as peaxes e coas bonificacións do 50% nos traxectos do mesmo día, engadindo que "a solución non son os traspasos". Elena Muñoz, voceira popular, apuntou que a moción socialista obedece a intereses electorais e pediu que se engadise ao texto a supresión dos tramos de autoestrada Vigo-Tui e Vigo-Redondela, proposta que foi rexeitada. Segundo Caride, esa emenda xa fora vota nun Pleno municipal e rexeitada polos populares.