Escoitar

Vigo acolle este sábado unha nova edición da Papanoelada Moteira

O alcalde anunciou este venres que a Papanoelada Moteira percorrerá un ano máis as rúas de Vigo. "É un dos grandes espectáculos da cidade no Nadal", dixo Abel Caballero.

venres, 21 dec 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este sábado, 22 de decembro, as rúas da cidade acollerán a tradicional Papanoelada Moteira con miles de participantes. "Será un dos grandes espectáculos de Nadal", asegurou o rexedor antes de explicar que a saída será as 16:00 horas en Navia e ás cinco da tarde chegarán á Porta do Sol. "Faremos unha concentración en toda a Porta do Sol, Policarpo Sanz, García Barbón e Colón con miles e miles de moteiros y moteiras", sinalou.

• Desde as 14:00h- Chegada de papanoeles moteiros a Navia (recollida de alimentos para o Banco de alimentos de Vigo).

• A las 16:00 - 16:15 Saída da ruta por Vigo.

• 1ª Etapa: Rúa Pedra Seixa, Das Ufas, Teixugueiras, Ricardo Mella, Caramuxo, Avda. Florida, Plaza América, Gran Vía hasta Urzáiz, Gregorio Espino, Antonio Palacios, Estación autobús, Martínez Garrido, Túnel, Genaro de la Fuente, Travesía de Vigo, Numancia, Dr. Canoa, Issac Peral, García Barbón, Policarpo Sanz, Puerta del sol...

• 17:00 - 17:15hs.- Chegada á Porta do Sol.

• 2ª Etapa: 17:15 - 18:00 hs.– Elduayen, Pi y Margall, López Mora, Avenida Camelias, Praza América. Avenida Castelao, Avenida Europa, Circunvalacion, rúa do Limpiño e Teixugueiras ida e volta ata subir a rúa Pedra Seixa (fin da ruta).

• 18:00 – 21:00 hs.- Actuacións en Navia e obradoiros de diferentes entidades, desde as 18:00 ás 22:00 horas.