venres, 21 decembro 2018

Vigo acollerá unha proba do World Padel Tour de 2019 a 2022 polo seu "ámbito mundial", di o alcalde

venres, 21 dec 2018

Abel Caballero presentou hoxe venres un acordo polo que a cidade recibirá dende 2019 a 2022 un torneo Open do World Padel Tour, o circuíto mundial profesional deste deporte. Do 5 ao 12 de maio de 2019, Vigo recibirá esta competición, tanto masculina como feminina, coas mellores e os mellores xogadores de pádel do mundo. O Ifevi, onde se montarán dúas pistas panorámicas, recibirá os cadros de honra do campionato.