Vigo avanza na ordenanza de patinetes coa premisa da “máxima seguridade”

mércores, 26 xan 2022

A aprobación inicial este mércores pola práctica unanimidade do Pleno (salvo pola abstención do edil Xabier Pérez Igrexas) abre o prazo de exposición pública da normativa. A tenente de alcalde e responsable de Mobilidade, Elena Espinosa, puxo o énfase nas medidas recollidas para tratar de conseguir “cero accidentes” e garantir a “convivencia” de coches, bicis, patinetes e peóns na vía pública.

O Concello adapta o imposto da plusvalía á nova lei estatal

mércores, 26 xan 2022

A Corporación validou este mércores de forma inicial a modificación da ordenanza. O Concello axústaa ao novo decreto lei aprobado en España logo dunha sentenza do Tribunal Constitucional que invalidou a fórmula de cálculo da anterior norma. O edil de Facenda, Jaime Aneiros, explicou que o imposto non se cobrará “de non haber capacidade económica” e só se abonará de existir beneficio na compravenda.

O alcalde destaca a solvencia do Concello, que aproba este mércores o seu orzamento para 2022

martes, 21 dec 2021

O Pleno debate este mércores desde as nove horas a aprobación definitiva das contas do Concello para o próximo ano, as máis elevadas da historia da cidade con 285,5 millóns de euros, sen débeda, conxelando os impostos e con 41,6 millóns de investimentos. Caballero: “Seguimos sendo un Concello serio e solvente, que cada ano aproba os seus orzamentos”.