Escoitar

O pleno aproba o orzamento de 292 millóns para 2023

O goberno local saca adiante o orzamento máis alto da historia do consistorio vigués cos votos de Grupo Municipal Socialista e co Grupo Popular, Mixto e o edil non adscrito en contra. As contas supoñen unha suba do 2,25% máis que o ano anterior e chegará ata os 385 millóns cos fondos europeos e remanantes.

venres, 18 nov 2022

O pleno de Vigo aprobou de xeito inicial o orzamento da cidade para 2023, unhas contas que suman 292 millóns de euros e chegarán ata os 385 coa suma dos fondos europeos e os remanentes.

Abel Caballero valorou o orzamento “que materializa obras e proxectos na cidade Vigo, mantendo conxelados os impostos o que supón un aforro para os vigueses do 17% e a diminución dalgunha tasa”, señalou en rolda de prensa.

No pleno foi o edil de Facenda, Jaime Aneiros, quen defendeu “unas contas sociais de carácter redistributivo, atendendo as necesidades urxente e ordinarias da cidade pero tamén para dar un impulso á transformación da cidade, con débeda 0”.

O edil non adscrito dixo traballar na presentación de 83 emendas “para reorientar os orzamentos” e manifestou “ser a única forza da oposición que traballa ao non presentar emendas á totalidade”, cuestión que confrontou co portavoz de Marea de Vigo: “ O BNG non vai darnos leccións de cando presentar unha emenda á totalidade”, expresou Pérez, ao que pediu sumar aos orzamentos máis investimentos en benestar social e vivenda. Os populares, pola súa banda, criticaron os “altos impostos municipais” e a falla de políticas de emprego. O voceiro socialista afirmou que os orzamentos para 2023 “responden ás demandas da cidade” e criticou os discursos do resto de voceiros “onde non hai alternativa política económica.

Aneiros replicou aos grupos porque “o goberno traballa para o conxunto da cidade” e lamentou do voceiro do BNG “as contradicións comparando a súa acción noutros concellos onde gobernan” e do Partido Popular “que fale de emprego cando o voceiro foi secretario xeral de Emprego na Xunta de Galicia e deixou sen executar 1.500 millóns”.

Descargar todas as imaxes